xuntanzafito

Xuntanza no FITO 2015

O 4 de xullo de 2015 ten lugar en Cangas do Morrazo unha xuntanza de vinte e dúas persoas ligadas á dramaturxia galega, que parte dunha convocatoria maior e non excluínte, logo estendida a outras xuntanzas como a do Festival Internacional de Ourense (FITO) en Outubro do mesmo ano.

Naquelas reunións debátese o estado da dramaturxia galega e decídese crear unha asociación partindo das seguintes liñas de acción iniciais:

· Mellorar, defender e velar polas condicións laborais das profesionais do sector.

· Visibilizar a dramaturxia galega.

· Promover actividades de formación, espazos de encontro e debate.

· Servir de interlocutora cos diferentes axentes políticos, sociais e culturais.

· Promover a edición de pezas teatrais.

· Servir de foro de contacto entre os profesionais da dramaturxia e o resto de sectores das artes escénicas.

· Procurar fórmulas para incentivar a posta en escena da dramaturxia galega.

· Potenciar a tradución de obras para a súa difusión exterior.

· Cooperar cos lectorados de galego e entidades culturais doutros países de cara á internacionalización e ao fomento da dramaturxia galega no exterior.

· Poñer en valor a contribución da dramaturxia galega á construción do teatro galego.