Iria Azevedo

Dramaturga, poeta, actriz e directora teatral, forma parte de Teatro do Miolo e da Compañía Debulla Escénica.

Cristina Balboa

Artista escénica e videorealizadora afincada en Compostela. O seu traballo móvese nun absurdo elaborado pero tamén cotián, con base tanto física como conceptual.

Eva Ferreira

Impaciente. Impuntual. Paseante. Observadora. Transmontana. Directora escénica. Aprendiz de electricista. Voluntaria. Investigadora. Monovidente. Dramaturga.

Marta Pérez

Actriz e creadora escénica. Directora de Inversa Teatro. Coordina o I Encontro de Mulleres Creadoras de Galicia: Mulleres Creando no FITO de Ourense.

Ester F. Carrodeguas

Escritora, actriz e directora teatral, xornalista e técnica audiovisual. Forma parte da compañía ButacaZero e é directora do Cadro Artístico Airiños

Paula Carballeira

Actriz, directora e dramaturga, fundadora da compania teatral Berrobanbán, e recoñecida narradora oral. Autora de mais de vinte libros de literatura infantil e xuvenil

Clara Gayo

Clara Gayo é actriz, autora teatral e ocasionalmente directora. É directora e autora de FarandOleiras Cabaré, grupo de teatro afeccionado afincado en Oleiros.

Ánxeles Cuña

Pedagoga, dramaturga, adaptadora e directora de Sarabela Teatro. É directora tamén do Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO)

Vanesa Sotelo

Dramaturga, actriz e directora teatral. É subdirectora da Revista Galega de Teatro e foi VI Premio Abrente de Textos Teatrais en 2011.

AveLina Pérez

Directora teatral, dramaturga e actriz. É fundadora da Compañía Teatro do Lume, actividade que alterna con diferentes proxectos de Teatro Social.

Ana Carreira

Titulada en Arte Dramática, foi actriz no grupo Achádego e na Aula de Teatro da USC. É fundadora de Ubú Teatro e colaboradora en EscénaTe.

Zé Paredes

Formouse como actor no Ballet-Teatro Contemporaneo do Porto. Vive na Galiza dende 2003, onde fixo da lingua galega o centro da súa actividade teatral.

Julio Fernandez

Poeta, dramaturgo, escenógrafo, director de teatro e activista cultural. Na actualidade dirixe a compañía Anómico Teatro de Vigo e a revista Núa

Santiago Cortegoso

Actor, dramaturgo e director, e membro de Ibuprofeno Teatro. A súa obra reflexiona sobre o individuo contemporáneo a través dun humor ácedo e sarcástico.

Ernesto Is

Dramaturgo, guionista e técnico audiovisual, é fundador da compañía Feira do Leste. Graduado pola ESAD, exerce a docencia teatral en diversos ámbitos.

Cándido Pazó

Cofundador de Tranvía Teatro, Ollomol Tranvía ou Abrapalabra, escribiu para o CDG, Teatro de Adro, Tanxarina e Talía Teatro, e é dramaturgo en Contraproducións.

Fran Godón

Actor, director, escenógrafo e autor teatral. Fundador da compañía UT·Tópico Teatro e da Asocación Cultural Turbina e Nó Teatro, traballa tamén para Teatro no Aramio.

Carlos Labraña

Dramaturgo especializado en teatro infanto-xuvenil, membro do Colectivo Garola e coordinador da Guía de Teatro Infantil e Xuvenil Galego

Paco Oti

Dramaturgo, escenógrafo, figurinista, actor e xestor teatral. Fundador do Teatro Círculo de Perlío. Director de mostras de teatro como Xeración Nós ou a Feira de Teatro de Galicia

Carlos Santiago

Dramaturgo, escritor e artista vinculado á xeración de activistas culturais que xurdiran arredor da Sala Nasa nos 90, traballa entre Galiza e Portugal, con forte impronta satírica.

Raul Dans

Autor teatral, guionista de cine e televisión. Actor de dobraxe e locutor. Foi membro da histórica compañía Luis Seoane e a súa obra teatral mereceu diversos premios.

Afonso Becerra

Dramaturgo e director de escena. Tradutor, ensaísta e colaborador en publicacións especializadas en teatro. Exerce a docencia na ESAD de Galicia

Roi Vidal

Dramaturgo, poeta, músico, escritor e director de escena. Crítico teatral na Revista Galega de Teatro. Forma parte de Estaleiro Editora e do grupo musical Ataque Escampe.

Jose Prieto

Autor superficial, guionista e director.