traficoChiqui Pereira dirixe a montaxe coproducida polas dúas compañia portuguesas, que se estrea este mércores, 19 de Outubro, en Serpa, Alentejo, e na próxima semana en Silves, Algarve.

En palabras dos seus creadores, Tráfico sérvese do humor negro para una lectura satírica da actualidade, tomando por referencia irónica a “Medea” de Eurípides.

Unha escura muller, Medea, dirixe un hotel singular, o Hotel Balneario Olimpo, onde se ofrecen curas de stress a traficantes necesitados de descanso e repouso. Na realidade, o negocio esconde un propósito máis maquiavélico que a satisfacción das necesidades terapéuticas do crime organizado: a vinganza, trazada con paixón pola protagonista, contra aqueles que a traizoaran. Co pano de fondo da crise e da deriva do capitalismo, “Tráfico” mestura a comedia e traxedia, nunha posta en escena crúa e obscena, onde o sangue flúe sen contención.

“O palco”, afirman as duas compañías, “é para nós un local de reflexión, de provocación, de análise crítica sobre quen somos e cal é o noso papel na construción dunha sociedade máis xusta e equilibrada. Falar do mundo, non do mundo que nos rodea, mais si, do mundo que nos controla, domina e oprime, foi o pretexto para a criación deste espectáculo. Falar da actualidade neste inicio de século, onde todo se trafica, se vende, se compra, sen calquera pudor ou escrúpulo, lonxe dos ollares das persoas”.

Tráfico é un espectáculo creado en coproducción pola compañía alentexana BaaL 17 e a compañia algaravia AL Teatro, e conta co apoio da Direção-Geral das Artes – Ministério da Cultura e os Municipios de Serpa e Silves.

“Tráfico só foi possível pondo em prática outra das nossas convicções, a cooperação, forma de potenciar o desenvolvimento, não só das duas estruturas, mas do mundo em que vivemos”, afirman Rui Ramos e Pedro Ramos, directores artísticos de Baal 17 e Al Teatro. “Foi así que contamos coa colaboración de dous creadores galegos, Carlos Santiago e Chiqui Pereira para este desafio. A colaboración con Carlos Santiago, un autor e director galego com moitos anos de presenza na escena teatral portuguesa, onde traballou con compañías como Trigo Limpo, A Barraca, o GTN de Lisboa ou a Zunzum AC de Viseu, xa se tiña iniciado no espetáculo “Ruína” de 2014, da Baal 17”.

A experiencia transfronteiriza amplíase agora coa participación de Chiqui Pereira, actor e director da compañía galega Berrobamban, a quen lle coube a dirección escénica de Tráfico.

A peza conta coa interpretación de Bárbara Soares, Filipe Gonçalves, Filipe Seixas, Pedro Ramos e Rui Ramos, e a escenografia de Bruno Guerra, e será presentada esta semana no Auditório Municipal de Serpa, no Alentexo, e na próxima, no Teatro Mascarenhas Gregório de Silves, no Algarve, sedes das compañías coprodutoras.