SY24C11F1As actrices Mabel Rivera e Belén Constenla darán vida sobre o escenario ás «Marías», en Voaxa e Carmín, de Esther Carrodeguas.

Ambas serán as protagonistas do espectáculo escrito por Esther Carrodeguas, que obtivo o premio Abrente de textos teatrais en lingua galega. O libro foi presentado onte na librería Couceiro coa presenza, ademais da autora, do director da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, Roberto Pascual; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o director da montaxe teatral, Xavier Castiñeira; e as actrices Mabel Rivera e Belén Constenla, que representarán a Maruxa e Coralia. O espectáculo estrearase precisamente na Mostra de Ribadavia -que é a organizadora do premio, responsable da edición do libro e coproductora da montaxe- na súa nova edición entre o 16 ao 24 de xullo. A publicación presentada onte conta cun epílogo de Encarna Otero, que fai un percorrido histórico polo contexto e a memoria das coñecidas como As dúas Marías.

 

Fonte: La Voz de Galicia