labranhanovaA peza de Carlos Labraña, “Moito Morro Corporation, Sociedade Ilimitada”, publicada por Galaxia no pasado mes de Febreiro, merece unha reseña crítica de Ramón Nicolau no seu Caderno da Crítica, unha nova que non podemos deixar de destacar e agradecer na nosa web, fieis á nosa filosofía de potenciar a visibilidade da literatura dramática en galego.

En palabras de Nicolau, “nuns tempos de evidente menesterosidade para o teatro galego, atopar unha peza deste carácter, como a que asina Carlos Labraña, orientada para o goce lector e a práctica teatral das persoas máis novas, afondando ademais nun asunto como é o das reviravoltas que sofre un circo para poder seguir adiante co seu espectáculo e construído,  finalmente, desde as  instancias da comedia, sen perder de vista a vontade de intervir criticamente nalgúns aspectos da sociedade actual, resulta unha  verdadeira regalía.”