otinovaA obra Una cuestión familiar de Paco Oti, entre as gañadoras do XVII Certame Iberoamericano de Teatro Mínimo convocado pola asociación TAETRO de Chiclana de la Frontera, Cadiz. O autor comparte o premio con outros dez autores e autoras españois, de Costa Rica e Arxentina. Todas as obras serán publicadas, mesmo algunhas serán levadas a escena. O xurado estivo composto pola actriz Montse Torrent e polos profesores universitarios Mariana González e Alfonso Ceballos, quen actuou como Presidente.