Como cada ano, a Agadic vén de convocar de maneira conxunta tres premios de literatura dramática que comparten como obxectivo prioritario servir de estímulo á escrita específica para o ámbito teatral: Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais —consolidado xa como o galardón de referencia para a dramaturxia en galego—, Manuel María de literatura dramática infantil e Barriga Verde de textos para teatro de monicreques (modalidades de público infantil e adulto).

Cada un dos galardóns e modalidades conta cunha dotación económica de 6.000 euros, ademais de contemplar a posibilidade de que as obras sexan publicadas dentro das coleccións dramáticas que a Agadic coedita con distintas empresas galegas. Poden optar a estes premios textos teatrais inéditos escritos en galego e non representados nin premiados noutros certames.

Mais info.